sábado, mayo 24, 2025
InicioNewsComarcasO rei do electrolatino Juan Magán actuará na Festa da Rosa en...

O rei do electrolatino Juan Magán actuará na Festa da Rosa en Mos

A estrela internacional e represenatnte do electrolatino, Juan Magán, actuará no Pazo de Mos o próximo 13 de xuño a partir das 22:00 horas. A actuación chega a esa muncipio da Louriña no marco do programa dos concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia para este ano 2025 tras o anuncio do director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles.

A actuación de Magán terá lugar, ademais, na Festa da Rosa, recoñecida como Evento de Interese Turístico de Galicia. Así, este ano «a riqueza cultural e gastronómica de Galicia coa mellor música en vivo cunha figura de renome internacional como Juan Magán, que actuará co apoio dos Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia”. 

Merelles apuntou, tamén, que «Juan Magán trátase dun artista capaz de atraer a públicos locais e foráneos de diferentes xeracións, amantes dun xénero musical, o electrolatino, do que el é pioneiro» e indicou que “para nós é unha honra facer posible traer os Concertos do Xacobeo a espazos tan singulares de Galicia como o Pazo de Mos, convertendo o seu directo nunha experiencia única para todos os públicos”. 

Cando é o concerto de Magán en Mos?

O concerto do rei do electrolatino celebrarase, a partir das 22.00 horas, no Pazo de Mos e a entrada será de balde. Ademais, os DJ’s locais Traffic House e Samu Pexe acompañarán ao artista como teloneiros, «no que promete ser un espectáculo que durará cerca de cinco horas», segundo indican desde o Concello.

“Estamos nesta contorna espectacular do Pazo de Mos para presentar a actuación estelar da Festa da Rosa, que é o concertó de Juan Magán, que vai estar aquí o 13 de xuño a partir das 22.00 horas”, anunciou a rexedora municipal,Nidia Arévalo, que agradeceu a presenza de Xosé Merelles en Mos. “Somos un Concello con moitísima actividade cultural, porque estamos no Camiño de Santiago, e esta Festa da Rosa se enmarca tamén nas actividades do Xacobeo, nun ano no que volvemos a acoller a meta dunha etapa de La Vuelta, o 9 de setembro. Por iso quérolle dar as grazas pola súa implicación e por apoiarnos”. Nidia Arévalo tamén tivo palabras de agradecemento para a Fundación Pazo de Mos, e cualificou de “indispensable” a súa faceta de anfitrioa.

A alcaldesa insistiu en que “estou segura de que este concerto vai a ser todo un éxito, de que se vai quedar pequena esta contorna do Pazo de Mos, que vai a estar chea de mosenses e de habitantes metropolitanos que veñen a Mos sempre a vivir a Festa da Rosa e a pasalo fenomenal”, engadiu.

Máis sorpresas para a Festa da Rosa en Mos 2025

Tamén quixo puntualizar Nidia Arévalo que o de hoxe non é a presentación da Festa da Rosa. “Haberá moitas máis sorpresas que iremos desvelando a partir do próximo luns”. “Grazas ao presidente Alfonso Rueda, á Xunta de Galicia, á Fundación Pazo de Mos e grazas, querido Merelles, por estar e por axudarnos tanto”, dixo para cerrar a súa intervención.

Pola súa banda, o director de Turismo de Galicia precisou que “é unha satisfacción poder incorporar a actuación de Juan Magán aos Concertos do Xacobeo, que é esa gran explosión de acontecementos festivaleiros e de concertos que no ano 2025 traerá a Galicia máis de 700 artistas internacionais, nacionais e galegos, e que vai fornecer o panorama cultural de Galicia”, destacou. “Estou seguro de que este concerto vai ser un éxito, por moitas razóns: pola acollida da que fai gala Mos e as súas xentes, porque pasa por aquí o Camiño de Santiago, e, por suposto, tamén pola calidade do artista, que de seguro atraerá xente de todas as partes de Galicia e mesmo quizais tamén do exterior de Galicia”.

Para rematar, Xosé Merelles desexou que este evento sexa “todo un éxito” e amosou a súa satisfacción por “apoiar e enxalzar máis se cabe a Festa da Rosa”. “Este ano seguro que vai a ser unha das mellores edicións”, anunciou.

Pola súa banda, o promotor André Vázquez destacou que “Mos está de moda”, algo que, precisou, “é visible aos ollos de todos”. “Lévase facendo un traballo nos últimos anos que parece que cada vez vai a máis, grazas á labor das institucións, do Concello e da Xunta de Galicia neste caso tamén, e esperamos seguir esa continuidade”, concluíu, convidando a todo o mundo a que se achegue o próximo 13 de xuño ata Mos para vivir e festexar a Festa da Rosa. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS