jueves, mayo 22, 2025
InicioNewsActualidadeAs familias galegas poderán matricular os seus fillos o vindeiro curso a...

As familias galegas poderán matricular os seus fillos o vindeiro curso a través do teléfono móbil

As familias galegas poderán formalizar a matrícula escolar dos seus fillos en colexios e institutos para o próximo curso 2025-26 a través do teléfono móbil, tal e como anunciou hoxe o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades, e FP, Román Rodríguez, no Pleno do Parlamento de Galicia.

Segundo explicou o conselleiro, a habilitación deste novo sistema por parte da Xunta, que será presentada proximamente, operará para todas as etapas desde Infantil ata Bacharelato e Formación Profesional. «Suporá “un avance” tanto para as familias como para os centros educativos ao dispoñer dunha nova fórmula que convivirá cos trámites en papel para aqueles que así o desexen», segundo indican desde a administración autonómica.

Prazo de matrícula en Galicia para o curso 2025-2026

Cómpre lembrar que o prazo de matrícula nos centros escolares para o vindeiro curso é do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 23 de xuño ao 7 de xullo para os de ESO e Bacharelato.

Tal e como indican a Xunta de Galicia, «esta nova acción forma parte do paquete de medidas de redución da burocracia, un obxectivo recollido no Acordo de mellora do sistema educativo asinado coas organizacións sindicais. En concreto, contribuirá de xeito significativo a reducir a carga de traballo dos centros e facilitar a súa xestión interna».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS