sábado, mayo 17, 2025
InicioNewsO PaísOs populares esixen ao Goberno central medidas urxentes para recuperar o río...

Os populares esixen ao Goberno central medidas urxentes para recuperar o río Miño

O PP da provincia de Pontevedra vén de anunciar a posta en marcha de iniciativas en todas as institucións nas que está representado para «denunciar o estado de abandono da marxe española do Treito Internacional do Río Miño e esixir ao Goberno de España actuacións urxentes para reverter os graves problemas causados pola degradación do seu cauce, ademais dunha reunión da ministra de Transición Ecolóxica cos concellos afectados», segundo indicaron este venres nun acto simbólico en Arbo.

Os populares concentráronse nas emblemásticas pesqueiras deste municipio da comarca da Paradanta, á pe de río. No acto, participaron o alcalde anfitrión, Horacio Gil, os deputados autonómicos Julio García Comesaña, Míchel Fidalgo e Feli Rodriguez Carrera, os deputados no Congreso Pedro Puy e Irene Garrido, a senadora Nidia Arévalo, o alcalde da Guarda e deputado provincial Roberto Álvarez Carrero, o rexedor das Neves, José Manuel Alfonso, e concelleiros e representantes do PP nos outros seis concellos ribeireños do sur da provincia, Crecente, Salvaterra do Miño, Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda. 

Sen resposta do Goberno central

O rexedor arbense destacou que desde os concellos afectados, pertencentes ás comarcas do Condado, A Paradanta e o Baixo Miño, levan “moito tempo advertindo da situación crítica que presenta a marxe española do río”, cuxa xestión é competencia exclusiva do Goberno de España mediante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, sen obter resposta por parte do Executivo.

Así, «o treito internacional do río a cargo do Goberno de Sánchez acumula problemas graves, como a falta de control sobre os caudais, a proliferación de especies invasoras, os verquidos sen control, ou a acumulación de sedimento e as conseguintes dificultades para a navegación, a pesca ou o turismo», segundo indicaron en Arbo os populares.

Danos económicos, sociais e ambientais

É unha situación que causa gravísimos prexuízos ambientais, económicos, sociais ou de seguridade e que afecta “á propia esencia dos concellos ribeiráns”, como á lamprea, sinal de identidade do municipio e a comarca desde tempos inmemoriais, e que actualmente se atopa en retroceso, co que supón en termos ambientais, turísticos e económicos.

“Son moitos meses pedindo unha reunión coa ministra de Transición Ecolóxica, antes con Teresa Ribera e agora con Sara Aagesen, mentres desde ministerio seguen ignorando as nosas peticións» e advertiron que “non imos permitir que se sigan poñendo de lado”.

Esencia galega

Pola súa banda, García Comesaña destacou o caracter nuclear do Miño na natureza, a cultura e a esencia galegas, e a riqueza ambiental, patrimonial e socioeconómico que crea ao seu paso pola provincia de Pontevedra, “unha riqueza que se está a poñer en perigo polo abandono do Goberno central”.

Para o deputado popular, «esta inacción contrasta co compromiso do Goberno galego, que leva anos demostrando o seu compromiso coa protección e posta en valor do Miño dentro das competencias autonómicas, pero isto non vale de nada se a administración competente, que é o Goberno de España, segue coas mans cruzadas”.

Reunión co ministerio

Por iso, a próxima semana o Grupo Parlamentario Popular presentará unha iniciativa no Parlamento de Galicia esixindo unha unha reunión co Ministerio dos alcaldes de todos os Concellos afectados, ademais dunha bateria de actuacións urxentes para recuperar o río e poñelo en valor, tales como unha dragaxe sustentable, medidas contra as especies invasoras, a fin dos vertidos, ferramentas para controlar o caudal e outras.

García Comesaña lembrou a presentación dunha moción no Senado que será debatida nos vindeiros días, á que se unirán a do Parlamento Galego, unha Proposición Non de Lei no Congreso e mocións nos Plenos de todos os Concellos afectados: unha verdadeira fronte común coa que “desde todas as institucións e por todos os medios, imos seguir esixindo defender o que é noso”.

“O Miño é vida, natureza, riqueza e futuro. E para seguilo sendo non pode agardar un minuto máis polo Goberno de Sánchez”, concluiu.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS