sábado, mayo 17, 2025
InicioNewsComarcasBaiona finaliza o plan do novo porto despois de 20 anos

Baiona finaliza o plan do novo porto despois de 20 anos

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, reuniuse o pasado xoves 8 de maio, con representantes da empresa náutica Nauplia, e con representantes do ente Portos de Galicia para abordar a execución da primeira fase de actuacións previstas no porto Deportivo de Baiona, referente ao recheo sobre a lámina de auga. Trátase dunha actuación contemplada no Plan Especial de Ordenación do Porto de Baiona, aprobado no ano 2015 e publicado en BOPPO do 1 de xuño do mesmo ano. 

A execución da chaira, incrementará a superficie da plataforma en 4,649,44 m², para un total de 11,788,00 m², supoñendo aproximadamente un 39% da superficie total aprobada no plan especial do porto. 

Cando comezan os traballos?

Os traballos iniciaranse a mediados de maio e manteranse ata o inicio da tempada estival no mes de xullo, renovándose os traballos no mes de setembro e ata a súa finalización no ano 2026, tal e como se estipulou nun programa de execución coordinado co Concello de Baiona.

Para garantir a seguridade peonil e viaria, que se ve incrementada na tempada de verán, o Concello puxo en marcha un plan de tráfico adaptado a esta ocasión, quedando pendente unha segunda fase, que contempla a construción e ordenación da plataforma de servizos. 

Desde o Concello de Baiona, e seguindo as directrices marcadas polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, tratouse e definido a operativa de actuación, definida no “Informe de compatibilidade coa estratexia mariña” emitido en setembro de 2024. 

No marco da actuación prevista, deberanse cumprir integramente as dez esixencias recollidas no informe, prestando especial atención a aquelas referidas á necesidade de evitar afeccións a especies protexidas polo Real Decreto 139/2011 e a Lei 42/2007, á aplicación de medidas para evitar a turbidez e sedimentación en zonas sensibles, á correcta implementación do plan de vixilancia ambiental do proxecto, e ao cumprimento das condicións establecidas pola Dirección Xeral de Biodiversidade en relación coa ZEPA ES0000554, “Corredor Migratorio Galaico Cantábrico Occidental”, integrada na Rede Natura 2000. 

Desde o Concello mantivéronse diversas reunións con representantes da Asociación Náutica Baía de Baiona, a Asociación de Usuarios do Porto Deportivo, a Asociación de Empresarios (ACEBA) e a Confraría de Pescadores, co fin de expoñer o alcance do proxecto con total transparencia. Estas reunións permitiron un intercambio de información aberto e directo, garantindo que todas as partes implicadas estean debidamente informadas. 

Desde o Concello de Baiona, valoran positivamente a ordenación das instalacións náutico-deportivas, ao considerar que a situación actual xera un impacto paisaxístico negativo sobre a fronte marítima do municipio. Neste sentido, o Concello aposta por un modelo de desenvolvemento respectuoso coa contorna, baseado no seguimento e cumprimento rigoroso de todas as determinacións de protección ambiental, en liña cos principios do desenvolvemento sostible e o crecemento azul que inspiran a nosa acción de goberno. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS