A ruta que se celebrou os xoves e venres do mes de abril rematou con máis de 15.000 pinchos servidos entre os 25 locais participantes, segundo explican desde o Concello de Salvaterra de Miño. La Ojiva acadou o primeiro premio e Turin Turan Brunch e Muxicas Taberna conseguiron o segundo e terceiro posto, respectivamente.
A II Ruta Pinchoterra de Salvaterra de Miño rematou con «récord de asistentes e coa entrega de premios e sorteos que tivo lugar este pasado luns no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño». No sorteo no que estiveron presentes os hostaleiros fíxose o reconto dos votos para nomear ós mellores pinchos.
Como resultado da votación, o mellor pincho da II Ruta Pinchoterra foi para La Ojiva Gastronómica en Leirado co pincho “Delicia Ibérica”, o segundo para Turin Turan Brunch en Salvaterra co pincho “El Desmadre” e o terceiro para Muxicas Taberna en Grixó co pincho “Mu-Xibao”.
Premios
Os locais premiados xa recibiron o seu diploma ademais da cesta de produtos que AGACAL, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Xunta de Galicia, aportou para obsequiar os tres gañadores da ruta. La Ojiva como mellor pincho desta segunda edición gañou unha experiencia dunha noite con almorzo e spa para dúas persoas.
Ademais fíxose o sorteo dos 38 premios cos que contou a iniciativa, 25 premios que aportaron os establecementos participantes, 10 Bonos para o Espazo Termal de Teáns Oleiros e un primeiro premio de 200 euros, segundo de 100 e terceiro de 75 para consumir nos locais que participaron na ruta.
O gañadores dos sorteos da ruta serán contactados para recoller os seus respectivos premios e publicados na páxina web da campaña nos vindeiros días.