domingo, mayo 25, 2025
InicioNewsActualidadeComezan as andainas da Eurocidade Tui-Valença cun percorrido entre viñas e vales

Comezan as andainas da Eurocidade Tui-Valença cun percorrido entre viñas e vales

A Eurocidade Valença-Tui comeza o seu programa de andainas saudables de 2025 cun percorrido entre viñas e vales.

A primeira cita deste ciclo será o próximo domingo 11 de maio, co Trilho Entre Viñas e Vales. A saída está programada para ás 10:00h, hora española, dende a igrexa de Ganfei en Valença. O percorrido terá unha duración de 7 quilómetros.

Este ciclo de andainas, que forma parte do calendario deportivo da Eurocidade, consolídase como unha proposta transfronteiriza que combina actividade física, posta en valor do patrimonio natural e histórico tanto de Tui coma de Valença.

O programa de 2025 inclúe catro camiñadas que se desenvolverán ao longo do ano. Así tras a primeira andaina do domingo 11, están programada para o sábado 26 de xullo a Sunset Fortaleza, o domingo 26 de outubro o Trilho do Adro Velho e o domingo 23 de novembro o Trilho da Veiga da Mira.

Todas as andainas terán lugar ás 10:00h, hora española, salvo a Sunset Fortaleza, que sairá ás 21.30h, hora española. As persoas interesadas poden ampliar a información e inscribirse no teléfono 00 351 934 440 770 ou no correo electrónico caminhadas.andainas@gmail.com. Cada camiñada ten un prezo de 6€.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS