jueves, mayo 1, 2025
InicioNewsActualidadeO pleno da Deputación non alcanza a unanimidade na defensa de Vigo...

O pleno da Deputación non alcanza a unanimidade na defensa de Vigo como sede do Mundial por diferenzas na estratexia

O pleno da Deputación non alcanzou a unanimidade na defensa da cidade de Vigo como sede do Mundial de fútbol do ano 2030 por diferenzas na estratexia de defensa da candidatura dos distintos grupos políticos que conforman a corporación provincial. Nunha sesión plenaria extraordinaria celebrada este mércores no salón de plenos do Pazo provincial, a moción presentada polo grupo socialista para esixir ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que apoie a petición do Concello de Vigo para que a RFEF publique os criterios e puntuacións de todas as candidaturas e outros acordos complementarios só contou co voto favorable dos deputados do PSOE, mentres que os do BNG abstivéronse e os do PP, votaron en contra despois de que o grupo socialista rexeitara unha emenda de substitución que buscaba o consenso ao solicitar unicamente á RFEF a inclusión de Balaídos como sede do Mundial.

O debate sobre a defensa de Vigo como sede do Mundial de fútbol do ano 2030 xa se debatera no último pleno ordinario da Deputación cunha moción presentada polo grupo popular que amosaba o apoio da Deputación á candidatura de Vigo, esixía á RFEF a publicación dos criterios de baremación e a puntuación de todas as cidades aspirantes e o establecemento dun traballo técnico conxunto entre o Concello e a RFEF para esclarecer os feitos sobre a designación das sedes. Unha proposta que foi aprobada cos votos favorables do grupo popular.

A moción foi rexeitada polos votos en contra do grupo popular e a vicepresidenta Luisa Sánchez foi a encargada de argumentar esta decisión. “Esta moción non esixe ningún acordo nin apoia a candidatura. Non hai nin unha mención a establecer vías de interlocución doa RFEF”, comezou a vicepresidenta. “Como Deputación, ninguén pode dubidar da defensa de Vigo como sede: emitimos unha carta de compromiso, asistimos ás reunións técnicas convocadas polo Concello de Vigo e financiamos as obras para rematar o estadio”, enumerou Sánchez, quen rematou apelando ao consenso. “O que necesitamos é que Vigo sexa sede do Mundial, por iso optamos por defender a Vigo desde o consenso. Solicitamos que o PSOE acepte a nosa emenda de substitución e que todos os grupos políticos apoiemos que Vigo sexa designada sede do Mundial”, concluíu. 

Pleno extraordinario do 16 de abril

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS