martes, marzo 25, 2025
InicioConcellos +As NevesA Deputación de Pontevedra comproba nas Neves a transformación dos equipamentos do...

A Deputación de Pontevedra comproba nas Neves a transformación dos equipamentos do Concello

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salientou o impulso que a primeira e segunda edición do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Fíxoo nunha visita ao Concello das Neves acompañado polo alcalde Jose Manuel Alfonso onde comprobou o remate das obras de renovación do pavimento do pavillón municipal, financiadas integramente polo ente provincial.

Ademais, anuncioulle a concesión dunha nova axuda para a construción dunha cuberta para as pistas de pádel municipais. Esta construcción supón un investimento total de case 150.000 euros. “Desde a Deputación estamos a dar un impulso que para modernizar as instalacións deportivas en concellos de toda a provincia a través de programas extraordinarios como os PEID (Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas) ou o +Provincia”, salientou o presidente provincial.

A visita do mandatario provincial serviu para comprobar o remate das obras. Estas foron valoradas en 39.500€ e financiadas ao 100 % pola Deputación de Pontevedra. Financiado a través dunha subvención enmarcada na primeira edición do PEID. Esta serviu para renovar o pavimento deportivo do pavillón municipal para adaptalo aos novos tempos e para ofrecer un mellor servizo aos seus usuarios. Unha visita que o titular do goberno provincial aproveitou para anunciar a aprobación da achega que lle corresponde ao Concello das Neves pola segunda edición do PEID, que veu dobrada a súa dotación económica ata acadar os 8 millóns de euros. Segundo avanzou Luis López, o Concello recibirá unha axuda de 98.500 euros para construír unha cuberta para as dúas pistas de pádel municipais. Uns fondos que servirán para financiar o 100 % do custo do proxecto.

Dende a Deputación de Pontevedra explican que son investimentos que supoñen un paso adiante para seguir facendo de Pontevedra “a provincia do deporte”. Aclaran, ademais, que non só empregan este tipo de plans específicos, senón tamén que apostan polo “incremento do apoio a deportistas, clubs ou federacións” ou a “organización de eventos deportivos de impacto mundial”.

Colaboración da Deputación de Pontevedra

A colaboración da Deputación non se limita unicamente ás infraestruturas deportiva. A través dos distintos plans de cooperación o Concello das Neves poderá recibir este ano un total de 1,23 millóns de euros. Esto ocorre a través de plans como o citado PEID, o +Provincia, do que recibirá ata 629.500 euros. Tamén, do novidoso Plan Extra, co que poderá optar a un máximo de 500.000 euros para financiar proxectos transformadores. “Unha mostra da sensibilidade do goberno provincial para mellorar os servizos, as infraestruturas e a calidade de vida da veciñanza de todos os concellos da provincia”, concluíu Luis López.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS