lunes, marzo 24, 2025
InicioNewsActualidadeDetido un veciño en Gondomar por presunto tráfico de drogas

Detido un veciño en Gondomar por presunto tráfico de drogas

A Garda Civil de Gondomar vén de deter a un veciño da mesma localidade como presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas. O varón, de 27 anos de idade, xa contaba con múltiples antecedentes policiais.

A investigación foi levada a cabo polo Posto de Gondomar co apoio da Área de Investigación de Baiona e iniciouse o pasado mes de decembro, ao xerarse unha alarma social entre os veciños tras detectar un tránsito de persoas relacionadas co consumo de estupefacientes.

Deste xeito, obtuvéronse indicios que relacionan ao detido cos feitos e se comprobou que vendía aos consumidores que se acercaban ao edificio onde reside. Do mesmo xeito, no momento da detención, atopáronse varias dosis de hachís escondidas na súa vestimenta e preparadas para a venda, así como 110 euros en billetes de diverso valor.

O detido foi posto a disposición do Xulgado Número 6 de Vigo, xunto cos efectos intervidos e a autoridade xudicial acordou a súa posta en liberdade con cargos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS