Ferrero Rocher vén de presentar a undécima edición do concurso “Juntos Brillamos Más” que dá inicio á campaña navideña da marca. Nesta presentación déronse a coñecer os cinco pobos candidatos, entre os que se atopa o municipio ourensán de Ribadavia.
O tradicional concurso busca, cada ano “iluminar un municipio español e facer que brillen con toda a maxia do Nadal”, deste xeito, Ribadavia competirá con outros catro municipios de España para convertirse no próximo “Pueblo Ferrero Rocher 2024” e recibir a iluminación de nadal que caracteriza á marca.
Os outros municipios que compiten co concello galego son: El Coronil (Sevilla), La Adrada (Ávila), Ágreda (Soria) e Biar (Alicante). Pódense consultar os vídeos promocionais de cada municipio e votar na seguinte ligazón.
Por outra banda, o concurso desenvólvese en tres fases de votacións.
A primeira fase comeza xa e finaliza o 17 de novembro onde participan os cinco municipios anteriormente mencionados.
Á segunda fase pasarán só catro municipios e abriranse de novo as votacións. Esta ronda de votacións finalizará o 28 de novembro, data na que se anunciará que dous municipios seguen adiante no concurso.
Por último, do 29 de novembro ao 8 de decembro, abriranse as votacións da terceira fase para elexir entre os dous concellos finalistas. O día 9 de decembro anunciarase o municipio que obtivo máis votos e será o gañador desta edición do concurso “Juntos Brillamos Más”.
A iluminación será inaugurada o día 12 de decembro no municipio que resulte gañador.

