As Celtas realizaron a súa primeira visita oficial á área pediátrica do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Esta visita é parte dunha iniciativa solidaria posta en marcha pola Fundación Celta e as xogadoras así como o corpo técnico estiveron acompadas pola presidenta do RC Celta, Marián Mouriño, o director da Fundación Celta, Germán Arteta e a conselleira do Club, Xisela Aranda.
Trátase dunha ocasión na que “as celestes puideron acompañar e apoiar a todos os pequenos valentes que están atrevesando unha situación complicada e permanecen ingresados no hospital”, segundo fai saber o club nun comunicado.
Así, durante a visita, as xogadoras compartiron tempo e anécdotas con todos eles ao tempo que lles entregaron uns detalles do RC Celta. “Unha tarde na que predominaron os xestos de cariño, apertas, fotos e autógrafos que recibiron como agradecemento o mellor dos agasallo, os seus sorrisos”, tal e como explican desde o equipo.

O obxectivo desta iniciativa é, segundo apuntan, “animar e facer máis amena a recuperación de cada un dos pequenos”.

