sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsActualidadeAsí comezou a Operación Ceira que destapou o contrabando de narcolanchas na...

Así comezou a Operación Ceira que destapou o contrabando de narcolanchas na provincia de Pontevedra

No marco da denominada operación Ceira, a maxistrada do Xulgado de Instrución número 4 de Cambados, solicitou en xaneiro de 2024 á Eurojust a creación dun Equipo Conxunto de Investigación (ECI) con Portugal, co fin de investigar unha presunta organización criminal adicada ao tráfico de drogas e ao contrabando de narcolanchas con base na provincia de Pontevedra e con nexos no país luso.

Os ECI son un instrumento de cooperación internacional para facer fronte á delincuencia organizada transnacional dentro da Unión Europea e permiten o intercambio directo de elementos probatorios e de informacións entre países.

Tras un encontro na sede de Eurojust da titular do Xulgado de Instrución número 4 e o fiscal antidroga da Fiscalía de Pontevedra cos maxistrados de ligazón españois e portugueses, autoridades xudiciais portuguesas e membros das forzas e corpos de seguridade do Estado dos dous países, foi posible formalizar a constitución do ECI, peza fundamental para esta pesquisa.

Tras unha vintena de detencións e a incautación do arredor de 23 quilos de heroína na que interviñeron de forma conxunta axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e do Servizo de Vixilancia Aduaneira a semana pasada, a maxistrada instrutora española e a fiscala portuguesa acordaron o cesamento do Equipo Conxunto de Investigación.

Permanécese á espera da decisión sobre a transmisión do procedemento portugués en favor da xurisdición española, algo no que a maxistrada do Xulgado de Instrución número 4 de Cambados non mostrou rexeitamento.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS