sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsComarcasMos conmemorará o Día contra o Cancro de Mama coa doutora Rosa...

Mos conmemorará o Día contra o Cancro de Mama coa doutora Rosa Mallo e unha andaina

As inscricións para a andaina "En marcha contra o cancro" atópanse xa abertas na Piscina Municipal e Multiusos das Pozas

Con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama, que se conmemora o vindeiro 19 de outubro, desde a concellería de Política Social do Concello de Mos,organízanse dúas actividades colectivas. Estas accións son en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro, AECC, Xunta Local de Mos.

Por unha banda, haberá a andaina «En marcha contra o cancro» para todos os públicos, e para a que é precisa inscrición previa, na que se pode andar en solidariedade con esta boa causa. Terá saída e chegada ao Centro Social e Deportivo de Guizán. Celebrarase o domingo 20 de outubro ás 10.00 horas da mañá e a lonxitude total do percorrido é de 7 quilómetros.

O prezo por inscrición é de cinco euros e inclúe o dorsal de participación e unha bolsa de avituallamento. A formalización da inscrición pode realizarse dende xa na Piscina Municipal: 986 334 070, no Multiusos Das Pozas: 986 339 404 e noutros 3 teléfonos: 697 484 529/ 663 546 218/ 687 365 183. As persoas interesadas en anotarse o mesmo día da proba poden facelo a partir das 09.00 horas. Ao remate da proba farase un sorteo ao final co número do dorsal.

«Hábitos saudables para previr o cancro de mama»

A outra actividade é unha Xornada polo Día Mundial contra o Cancro de Mama titulada «Hábitos saudables para previr o cancro de mama». Esta será impartida pola coñecida doutora, Rosa Mallo Alonso, Responsable e Coordinadora da Unidade de Patoloxía de Mama da Área Sanitaria de Vigo, CHUVI. Impartirase no Auditorio do Pazo de Mos o venres 18 de outubro ás 20.00 horas con entrada libre ata completar aforo.

Rosa Mallo Alonso é Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese “Evolución de los métodos diagnósticos del cáncer de mama en el sur de galicia durante 35 años (1974-2008) 2009.” A Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama outorgoulle o seu premio anual do ano 2015. Este foi un recoñecemento ao seu labor en investigación e á súa atención e preocupación polas pacientes. Tamén foi Viguesa do Ano en 2016.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS