viernes, diciembre 6, 2024
InicioNewsComarcasMáis de 140 empresas están interesadas en asentarse en Mos

Máis de 140 empresas están interesadas en asentarse en Mos

O novo polígono de Arrufana dará resposta á demanda existente de solo industrial na zona, xa que no que vai de ano o departamento de Urbanismo tivo que conceder 50 licenzas de actividade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Urbanismo mosense, José Ramilo, destacaron hoxe o progresivo e exponencial crecemento industrial que está a experimentar Mos. Así, aportaron datos derivados dos informes do departamento municipal de Urbanismo. Estes desvelan que os técnicos do mesmo atenden en información urbanística unha media de 3 consultas semanais sobre chan urbano industrial. O que representa preto de 150 consultas anuais neste senso. Unha cifra que se atopa con polígonos e parques empresariais mosenses ao 100% de ocupación. O de máis recente creación, o PEMOS Veigadaña, ten o solo esgotado sen ningunha parcela libre, e tanto o polígono do Rebullón como o de Monte Faquiña, atópanse tamén completos.

A rexedora local e edil de Urbanismo aportaron a este respecto tamén outros datos de interese neste senso como que neste ano 2024. De xaneiro a setembro, concedéronse un total de 4 licenzas de obra maior para construción de nave industrial nova. Ademais, déronse, a través do sistema de comunicación previa, 50 licenzas de actividade. “Unha vez máis os datos e as cifras demostran que somos un municipio territorio de oportunidades. Un Concello vivo e en expansión industrial, que crece e quere seguir crecendo. Un municipio de progreso e futuro que as empresas elixen para asentarse pola nosa ubicación estratéxica e a nosa excelente conexión coas principais infraestruturas e vías de transporte”, declararon Arévalo e Ramilo, “ao que tamén se suma”, engadiron, “que contamos cun Plan Xeral aprobado e en vigor dende xaneiro de 2017”.

Novo polígono empresarial de Arrufana

Mos, cuarto municipio con maior tecido industrial da provincia de Pontevedra, quere seguir a crecer industrialmente, o que poderá facer co novo polígono empresarial de Arrufana. Xestur sacou xa este a consulta pública e a alcaldesa reuniuse este pasado verán no Concello tanto coa directora de estratexia industrial e solo empresarial da Consellería de Economía e Industria, Margarita Ardao, como con representantes de distintas empresas. Ademais próximamente celebrarase en Guizán unha reunión informativa con toda a veciñanza de Arrufana, para explicarlles pormenorizadamente os detalles do proxecto do futuro polígono a acometer na zona.

Desde que fóra anunciado en 2020, o proxecto do polígono de Arrufana foi avanzando a bo ritmo. En febreiro de 2023 Xestur encargou o estudo das conexións para o Desenvolvemento do parque empresarial en Louredo (Arrufana) Mos-Redondela. En marzo de 2023, Xestur anunciou a licitación por preto de 300.000 euros do contrato para a redación do plan estruturante do novo Parque Empresarial de Arrufana. Ademais, a Xunta adxudicou en novembro do 2023 a redacción do Plan estruturante de ordenación do solo empresarial (PEOSE) para a creación deste parque empresarial. Agora o proxecto se atopa en estudo ambiental ou Avaliación Ambiental.

O novo polígono contará cunha superficie de preto de 480.000 metros cadrados, repartidos en parcelas de distintos tamaños. Ten a finalidade de potenciar a actividade económica e a creación de emprego de calidade. A previsión da Xunta de Galicia é investir máis de 40 millóns de euros no desenvolvemento deste proxecto. Este espazo permitirá poñer novas parcelas a disposición do tecido empresarial da zona atendendo á demanda existente. Así mesmo, destacan os bos resultados de asentamento de empresas rexistrados no veciño parque empresarial de Veigadaña que se atopa ao 100% de ocupación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS