martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsComarcasFermina Fernández cumpre un século de amor, esforzo e resilencia no Porriño

Fermina Fernández cumpre un século de amor, esforzo e resilencia no Porriño

O Porriño celebra o centenario de Fermina do Pouso, unha das súas veciñas máis lonxevas

Esta fin de semana, Cans vestiuse de alegría para celebrar os 100 anos de Fermina Fernández, popularmente coñecida como Fermina do Pouso. Os seus seres queridos uníronse nun acto de agarimo e recoñecemento cara a esta muller que foi un piar na súa contorna. Fermina tamén destacou por ser exemplo de dedicación e amor familiar. Traballou como costureira e vendedora ambulante ao longo da súa vida, destaca polo seu incansable espírito e a súa calidez humana. Aos seus 100 anos, conserva vivos todos os seus recordos, sempre disposta a compartir historias acompañadas dun sorriso.

A celebración foi unha conmovedora reunión familiar, onde as súas tres fillas, seis netos e once bisnietos reuníronse para render homenaxe á matriarca da familia. Ela, luciu con orgullo unha camiseta especial que dicía “Son Fermina”, adornada cos nomes de cada un dos seus seres queridos.

O alcalde de Porriño, Alejandro Lorenzo, uniuse á celebración para felicitar a Fermina e entregarlle un ramo de flores en nome de todo o pobo. “A vida de Fermina é un testemuño de esforzo, amor e resiliencia, e a súa historia lémbranos a importancia de coidar e valorar aos nosos maiores”, afirmou o rexedor, “O seu legado non só perdura en cada un dos momentos compartidos coa súa familia e amigos, quen a adora e respecta, tamén perdurará en todo o seu pobo”. “O Porriño énchese de gratitude por ter a Fermina entre nós, e celebramos non só o seu centenario, senón todo o que ela representa: amor, dedicación e unha historia que enriquece nos enriquece como pobo”, concluíu Lorenzo.

Galardonada nesta edición do Festival de Cans

Cada ano, o Festival de Cans concede outro dos Chimpíns de Prata a un veciño ou veciña cuxa labor desinteresado contribúe á celebración do evento. Nesta edición recaeu en Fermina Fernández, pola súa colaboración durante varios anos prestando o seu testemuño ao Proxecto Cans 303. Este programa realiza documentais colectivos que recuperan a memoria da aldea. O proceso trata ámbitos que van desde o contrabando aos bares pechados, as feriantas ou as tradicións. A señora Fermina coa súa memoria prodixiosa préstase a rexistrar ano tras ano.

Dende o 2015, o Muro dos Chimpíns converteuse no espazo de homenaxe a todos os veciños e veciñas que teñen recibido o Chimpín de Prata “Premio Pepe Puime”. Ubícase ademáis nunha das rutas principais dos chimpíns. Alí están xa os nomes de Alicia, de Divina, do carpinteiro Juan Maceira ou do histórico condutor de chimpíns falecido Pepe Puime, que da nome ó galardón. Este ano aparece tamén o de Fermina Fernández con os seus 100 anos de historia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS