Venres, Xaneiro 30, 2026
HomeNewsActualidadeContinúan as protestas a favor dunha vivenda digna en Vigo

Continúan as protestas a favor dunha vivenda digna en Vigo

O Sindicato das Inquilinas e da Vivenda de Vigo convoca unha concentración o próximo 11 de outubro

Nos ultimos anos observamos como o prezo da vivenda nas grandes cidades non deixa de subir, chegando esta dinámica a todos os municipios do país. “O prezo da vivenda subiu ata un 54% nos últimos dez anos” aseguran dende o Sindicato das Inquilinas e da Vivenda Vigo. “Dende un prezo medio de 622€ por un estudo ata os 1.074€ por un piso de tres habitacións”.

Por ese motivo, o Sindicato das Inquilinas e da Vivenda en Vigo convocou unha concentración para o 11 de outubro ás 19:00h na Porta do Sol, en Vigo.

As institucións públicas afirman que a falta de oferta inmobiliaria é a principal causa desta suba constante, mais dende o Sindicado aseguran que en Vigo, ao igual que en outras moitas cidades “hai vivenda construída suficiente”.

“Non é cuestión de facer máis vivenda, senón de mobilizar a que xa hai para abastecer a todas as persoas e familias que precisan alugar, de maneira que se rompa a tendencia ó baleiramento social e se poida vivir dignamente nos barrios” informan dende a asociación de inquilinas.

Deste xeito, o que piden, a través da concentración convocada, dende o Sindicato é unha revisión da Lei de Vivenda, que cumpra, como mínimo, coas garantías que se propoñen a nivel europeo e protexa aos inquilinos e inquilinas; ademais da creación dun parque de vivenda público que facilite a vida en aluguer.

Escoitamos a entrevista a Adolfo Telmo, voceiro do Sindicato das Inquilinas e da Vivenda de Vigo.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS