A Garda Civil de Cangas denuncia a unha persoa de Marín por varias infraccións á lei de benestar animal.
O Seprona de Cangas, despois de recibir un aviso informando que nunha vivenda de Marín hai un home que ten varios cans en «condicións deplorables», ponse en contacto co propietario co fin de realizarlle unha inspección.
O pasado día 29 realízase dita inspección, e o propietario resulta ser un home maior que vive só. Ao comprobar o estado dos cans, obsérvase un de raza podenco atado a un poste cunha corda, en condicións hixiénico-sanitarias «moi malas», segundo apuntan desde a Garda Civil, sen espazo para resgardarse, sen chip correspondente nin cartilla sanitaria.
Un segundo can está atado cunha cadea metálica moi curta a unha cabaña de madeira, apenas pode moverse. Pregúntase ao propietario o motivo de que se atope así e manifesta que é «para que o raposo non entre na finca». Este can presenta unha lesión no seu pescozo debido ao tempo encadeado e á falta total de mobilidade.
O terceiro can tamén está encadeado nunha das entradas da vivenda e amarrado a algo que simula ser unha caseta de madeira, sen resgardarse das condicións climatolóxicas. Ademais, presenta un color azul, ao parecer utilizou un spray para as moscas, e o animal presenta nerviosismo e falta de mobilidade.
Por iso, denúnciase ao propietario dos animais por tres infraccións diferentes como é lesións en un dos cans polo modo de estar encadeado, a non identificación dos animais ao non ter o seu chip identificativo e por manter aos animais sen mobilidade ou actividade física e á intemperie.