martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsComarcasUn grupo de senderismo percorrerá o Camiño de Ignacio Taverneiro por etapas

Un grupo de senderismo percorrerá o Camiño de Ignacio Taverneiro por etapas

O vindeiro 6 de outubro un grupo de máis de cen persoas inicia o Camiño de Ignacio Taverneiro dende Salvaterra de Miño ata Ponteareas, son 16 quilómetros cun nivel de dificultade fácil. O grupo continuará cada mes realizando cada etapa do Camiño pasando por Ponteareas, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, Cotobade e Cerdedo, cruzando o río Lérez pola Ponte de Pedre e que ía cara Compostela por A Estrada. Un percorrido polo interior da provincia de Pontevedra, salpicado de decenas de lugares de gran interese cultural e natural, nada masificado.

A investigación sobre este camiño xacobeo ten como eixe a reseña nos libros parroquiais de San Paio de Figueroa (A Estrada) dunha anotación sobre a morte dun peregrino no ano 1784. Era un veciño de Santa Baia de Ponte Caldelas, falecido durante a viaxe de regreso da súa peregrinación. Chamábase Ignacio Taverneiro e o nome desta ruta foi posto na súa honra.

O Camiño de Ignacio Taverneiro ten un percorrido de 130 quilómetros e comeza en Salvaterra de Miño seguindo polo Río Tea. O 6 de outubro realizarán a primeira etapa ata Ponteareas e se alguén quere participar pode anotarse chamando por whatsapp no 636788368.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS