sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsActualidadeO alumnado do 'Colegio Lar' viaxa a Almería para participar na WRO

O alumnado do ‘Colegio Lar’ viaxa a Almería para participar na WRO

Sergio, Thiago e Lois obtuvieron un octavo posto a nivel nacional na World Robot Olimpiad

A World Robot Olimpiad (WRO) trátase dunha competición de robótica educativa de ámbito internacional que ofrece aos máis novos a oportunidade de achegarse de forma lúdica e divertida á tecnoloxía e enxeñaría. Os estudantes, coa orientación dun entrenador, deben deseñar, construir e programar un robot innovador que supere o reto proposto. Deste modo, aprenden e demostran a súa capacidade de resolución de problemas ao mesmo tempo que desenvolven competencias persoais.

O pasado mes de xuño celebrouse a primeira fase do concurso, onde o ‘Colegio Lar’ se presentou por primeira vez. Por un lado, presentaronse á categoría RoboMision Junior, enfocada para idades dos 11 aos 15 anos, e por outro á categoría RoboBasic, enfocada a idades máis pequenas.

Estes últimos, quedaron en segundo posto o que os posicionou como participantes da fase nacional, celebrada o pasado 14 de setembro en Almería. O equipo «Primaria Colegio Lar» formado por Sergio, Thiago e Lois, alumnos de 6º de Primaria, xunto coa orientación da profesora Aroa Coello, desprazáronse ata a cidade andaluza para disputar a competición onde quedaron en 8º lugar.

O equipo tivo que montar un robot propio e realizar unha serie de probas con obstáculos a sortear para obter diferentes puntos. Para elo, tiveron que traballar para crear unha programación coa cal poder levar a cabo os distintos retos propostos. Ademais, para aumentar a dificultade, a organización da final nacional decidiu incluir unha normal sorpresa, a cal comunicaron o primeiro día da competición (día de montaxe) para que cada equipo pensara unha estratexia a levar a cabo ao día seguinte na competición.

«Este aspecto foi un reto» aseguraban os participantes. «No último momento tivemos que realizar cambios na programación creada para buscar a forma máis óptima de realizar o pedido sen sufrir penalizacións por mover obxectos ou desfacer o que xa conseguíramos».

«Sen dúbida, foi unha gran experiencia» afirma a profesora, Aroa Coello. «Actividades como esta, fomentan a aprendizaxe dunha forma máis lúdica e atractiva para os nenos, aportando coñecementos e poñendo en práctica moitos dos conceptos aprendidos nas aulas».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS