martes, octubre 15, 2024
InicioConcellos +A CañizaA Cañiza rende homenaxe á obra do recoñecido artista Diego de Giráldez

A Cañiza rende homenaxe á obra do recoñecido artista Diego de Giráldez

O pasado sábado 14 de setembro, o concello da Cañiza acompañou ao pintor, escultor e anatomista máis universal, tamén nomeado Fillo Predilecto do municipio, na celebración dos 27 anos da formación da súa Casa Museo, no ano 1997 e dos 18 anos acollendo visitantes. Un acto especial celebrado na Praza Maior, presidido pola arquitectura do Museo no que o “Realismo Nas”, que impregna gran parte da súa obra, cobrou un especial protagonismo.

O alcalde, Luis Piña, e concelleiros do goberno acompañaron a Diego de Giráldez na tarde deste 14 de setembro nun acto no que tamén estivo presente o Delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera e numerosas personalidades do mundo da cultura, como Gerardo Pérez Calero, Catedrático de  Arte da Universidade de Sevilla e gran coñecedor da súa obra.

Tamén o folclore e a tradición musical galega estivon presentes este sábado, ensalzando o acto coa interpretación dun pequeno repertorio de pezas galegas e corais.

A cálida temperatura da tarde permitiu que veciños e amigos se sumaran a este acto para honrar toda unha vida de traballo adicada ao arte.

Na rolda de intervencións o alcalde agradeceu  “a  contribución impagable ao legado cultural e artístico da Cañiza, do noso artista máis universal. Un pintor de renome, creador do Realismo NAS que por méritos propios e polas súas excepcionais cualidades alcanzou hai moitos anos un lugar dentro da pintura contemporánea española”.

A Casa Museo de Diego de Giráldez inaugurouse un 2 de maio do ano 2007, cunha colección que daquela contaba con 250 obras, e 1500 metros lineais de exposición distribuidas polas innumerables salitas do que fora o cuartel da Garda Civil da Cañiza. Actualmente é o seu museo, unha edificación de máis de 1000 m2 e 5 plantas de altura situado no corazón do casco urbano da Cañiza, a Praza Maior.

Nestes 27 anos, a extraordinaria obra de Diego de Giráldez foi crecendo, enriquecéndose, fortalecéndose en cantidade e excepcionalidade.

O acto rematou cun percorrido polas 5 plantas deste museo, no que se poden apreciar as distintas etapas e estilos e a evolución como artista de Diego, dende a súa etapa infantil ata hoxe. Paisaxes, bodegóns, retratos e moitas composicións “NAS” que se mesturan con maestría e brillantez.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS