martes, octubre 15, 2024
InicioNewsA RaiaRuí Teixeira debuta como novo director da AECT Rio Minho

Ruí Teixeira debuta como novo director da AECT Rio Minho

O director ata o momento, Roberto Álvarez Carrero, será o novo vicedirector

O Consello Coordinador da Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza AECT Río Minho reuniuse a pasada tarde para renovar os cargos directivos do Consello Coordinador da agrupación tal e como establencen os seus estatutos.


A renovación de cargos realízase cada dous anos, sendo elexidos o director e o vicedirector de forma alterna pola Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e a Deputación de Pontevedra.


Nesta ocasión, o Presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Ruí Teixeira asume o posto de director; e da misma forma, Roberto Álvarez Carrero, Alcalde do Municipio da Guarda representará o cargo de Vicedirector.


O novo director, asegurou que “este novo cargo aporta máis responsabilidade, pero para min é un orgullo reprensentar este territorio e traballar a prol de todos os municipios que o compoñen, tanto do lado español como portugués”.


Teixeira abordou tamén a importancia da AECT “que leva sido un instrumento moi importante para o desenvolvemento do territorio transfronteirizo e un instrumento moi importante tamén para que as eurocidades poidan desenvolver os seus proxectos en conxunto”.


AECT Río Minho
A AECT Río Minho consolidouse no ano 2018, e abarca un total de 26 concellos, 10 deles no territorio luso pertencente á Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e 16 no territorio galego dentro da provincia de Pontevedra con conexión co río Miño.


A zona de actuación abrangue máis de tres mil quilómetros cadrados de superficie e 375.995 habitantes.


O seu obxectivo principal é contribuir no desenvolvemento e reforzo da cohesión económica e social do territorio que abarca.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS