martes, octubre 15, 2024
InicioConcellos +A CañizaO equipo As Celtas estreará o campo de fútbol Augas Férreas da...

O equipo As Celtas estreará o campo de fútbol Augas Férreas da Cañiza contra o equipo feminino da Cañiza

As obras de reforma do campo están a piques de ser rematadas, cun investimento total de 602.421,61€

O Alcalde Luis Piña visitou a pasada noite as instalacións, acompañado das Concelleiras do Equipo de Goberno María José Rodríguez e Paula Bacelar, do Director do proxecto de reforma, Julio Calderón, da responsable de zona da constructora, Ana Comesaña e da súa xefa de obra, Sara Fariña.

Nesta visita nocturna acendéronse as novas torretas de luz que iluminarán o campo de herba artificial.  Catro grandes torres de 18 metros de altura, dispostas con 8 focos dobres cada unha, que suman un total de 32 novas luminarias que ademáis permitirán aforrar 1/3 de enerxía respecto dos consumos eléctricos anteriores á reforma.

O alcalde recordou que a reforma permitiu sustituir todo o céspede sintético do terreo de xogo, en 6.786 metros cadrados de superficie, e o valo perimetral do campo, cambiar o sistema de rego, habilitar un dos viais de acceso, pintar a zona de vestiarios e sustituir a caldeira de gas-oil por unha de pellets.

Ademáis coa cantidade rebaixada pola empresa adxudicataria, Prace, servicios y Obras, SL, á hora da licitación (un total de 28.496,93€)  realizáronse outras melloras en toda a instalación como a habilitación dunha nova zona de adestramento, no lateral dereito do campo, para o que se aproveitou o céspede retirado que estaba en mellores condicións de uso.  A maiores pechouse cun valo toda a parte superior do campo, pintouse o exterior dos vestiarios, colocáronse dous escudos en metacrilato (do Concello e do Club de Fútbol) e parabalóns nas partes posteriores das porterías.

A reforma conta con dúas subvencións da Deputación provincial. Unha axuda de 479.948,21€, concedida a través do Plan PON30, aprobada polo Pleno da Deputación o  23 de xuño de 2023 e unha segunda subvención do Plan +Provincia 2024 de150.970,34€, que permitiron que o Concello non teña que aportar ningún recurso propio.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS