jueves, julio 18, 2024
InicioNewsActualidadeO Goberno galego dá luz verde á matrícula gratuíta universitaria

O Goberno galego dá luz verde á matrícula gratuíta universitaria

Galicia convértese na única comunidade na que o alumnado que aprobe poderá estudar unha carreira totalmente de balde se cumpren os requisitos

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou este luns que o Consello de Goberno vén de dar luz verde á “gratuidade da matrícula para os estudos de grao universitario, así como para os de ensinanzas artísticas superiores (Música, Arte Dramática, Deseño e Conservación e Restauración de Bens Culturais) en centros públicos galegos”, tanto no caso de novo ingreso como no de continuidade de estudos, unha medida que será aplicable para o próximo curso e coa que, ademais, se cumpre un “compromiso adquirido para os primeiros 100 días de goberno”.

Rueda resalta a prioridade do Executivo autonómico de “garantir a igualdade de oportunidades” e lembra que Galicia foi “pionera na conxelación de taxas universitarias hai 13 anos”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES