sábado, julio 27, 2024
InicioNewsActualidadeO PP gaña as Eleccións Europeas en España e Galicia

O PP gaña as Eleccións Europeas en España e Galicia

O Partido Popular venceu nos comicios europeos deste 9 de xuño en 13 das 17 comunidades autónomas e en Ceuta e Melilla. O partido que goberna Alberto Núñez Feijóo, con 22 escanos (2 máis que o PSOE), foi o máis votado en todas as comunidades que goberna e en dúas das presididas polos socialistas (Asturias e Castela – A Mancha) e supera o 40% dos sufraxios na Rioxa, Castela e Leon, Galicia, Murcia, Cantabria, Castela – A Mancha e, por primeira vez, Extremadura e Madrid.

O PSOE foi primeira forza en Cataluña, en Canarias e en Navarra e as súas porcentaxes máis altas están en Extremadura (aínda que a case cinco puntos por debaixo do PP) e en Asturias. Os socialistas empeoraron o seu resultado en todas as autonomías respecto das eleccións de 2019.

Vox é a terceira forza en todas as comunidades agás en Cataluña, Navarra e País Vasco, mellorando os seus resultados respecto dos últimos comicios europeos e Sumar queda por diante de Podemos en todas salvo en Cataluña, onde se invirte o resultado.

En Cataluña, Junts queda por diante de ERC e no País Vasco EH Bildu gaña ao PNV (que logra un parlamentario).

A candidatura Se acabó la fiesta encabezada por Luis ‘Alvise’ Pérez consigue entrar no hemiciclo con tres eurodiputados.

Galicia

En Galicia o PP obtén o 43,62% dos votos, co que desbanca ao PSOE como primeira forza política respecto ás eleccións europeas de fai cinco anos. Os socialistas pasan a segunda posición, co 27% dos votos e o BNG queda co 16,13% dos apoios. O PP foi o partido máis votado en 303 dos 313 concellos de toda Galicia.

Así, pois catro escanos da Eurocámara estarán ocupados por eurodiputados galegos. Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez do PP, Nicolás González Casares do PSOE e a nacionalista Ana Miranda, ao ir na terceira posición dentro da coalición Agora Repúblicas.

Europa

Os 720 escanos do Parlamento Europeo repártense, provisionalmente, da seguinte maneira:

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES