sábado, julio 27, 2024
InicioNewsActualidadeGalicia apoia a Canarias en materia do litoral fronte ás trabas do...

Galicia apoia a Canarias en materia do litoral fronte ás trabas do Goberno central

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, mantivo hoxe un encontro co director xeral de Costas e Xestión do Espazo Marítimo do Goberno de Canarias, Antonio Manuel Acosta, ao que lle trasladou a disposición do Executivo galego a colaborar na medida do posible e prestarlle asesoramento para que conte cunha normativa para a xestión do litoral completa e sólida como a galega.

O Executivo galego defende a importancia de que as comunidades autónomas poidan ordenar e xestionar a súa costa pois son as que coñecen mellor as súas necesidades e as características das actividades que se desenvolven nelas.

A comunidade canaria está a seguir un camiño moi semellante ao da galega pois presentou un recurso ante o Tribunal Constitucional para defender as súas atribucións neste eido ao tempo que traballa na elaboración da Lei Canaria de Costas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES