domingo, junio 16, 2024
InicioComarcasAllariz-MacedaMáis de medio cento de actividades durante 9 días na Festa do...

Máis de medio cento de actividades durante 9 días na Festa do Boi de Allariz

A Asociación Cultural Xan de Arzúa organiza do sábado 25 de maio ao domingo 2 de xuño este acontecemento declarado de Interese Turístico de Galicia

Música, teatro, actividades infantís, encontros populares e, por suposto, as saídas do boi centrarán a programación festiva.

A Asociación Xan de Arzúa aposta polo carácter cultural e histórico da festa potenciando actividades como a procesión medieval na que participan máis de vinte gremios. Arredor de 600 persoas ataviadas cos seus respectivos traxes representan, de xeito divertido, a orixe da Festa do Boi.

Xantar popular en Paicordeiro
Unha das novidades de este ano é a recuperación da comida popular do sábado, que se celebrará en Paicordeiro o sábado 25. Ese mesmo día ás 16.00 horas haberá Foliada con Xisco Feijóo. Dende a organización convidan a todas as persoas que se acheguen se queren co seu instrumento para festexar todos e todas xuntas o inicio da edición de 2024.

Os nenos e nenas terán o seu espazo na Festa coa programación de actividades como as saídas do boi infantil, o espectáculo de monicreques creado polos centros de ensino de Allariz, o Pistaboi, a merenda infantil ou a actuación do mércores a tarde.

A música, como é habitual, terá unha importante presenza na Festa contando con grupos de gaiteiros, charangas e orquestras, e os tradicionais Zés Pereiras, entre outros.

Consulta aquí toda a programación:

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES