viernes, noviembre 1, 2024
InicioNewsComarcasO Concello do Porriño acomete melloras en varios centros culturais

O Concello do Porriño acomete melloras en varios centros culturais

O Centro Cultural do Mosteiro dotouse dun cuarto de baño adaptado e no local da Cruz dotouse dunha placa a cuberta con baranda de seguridade, ademais de pintar o interior

O Concello do Porriño, a través da súa concellería de Vías e Obras está a desenvolver melloras en varios centros, co fin de acondicionar estas instalacións nas que se desenvolven moitas das actividades culturais, deportivas e recreativas das parroquias.


O alcalde e o concelleiro visitaron dous deles na parroquia de Budiño, concretamente o do Mosteiro e o da Cruz, onde se executaron melloras de acondicionamento e accesibilidade.


No Centro Cultural do Mosteiro construíuse un cuarto de baño adaptado, respondendo a unha antiga demanda da veciñanza xa que carecía deste servizo, ademais da mellora da pista deportiva. No caso do Centro Cultural da Cruz, pintouse o local interior e executouse a placa no teito do mesmo, colocando unha baranda de seguridade en todo o perímetro.


“As melloras nos centros culturais continuarán en todas as parroquias, xa que dende o Concello entendemos que é neles onde se concentra a vida social e lúdica das parroquias e debemos contribuír a que poidan facelo en boas condicións”; concluíu o alcalde, Alejandro Lorenzo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS