Os participantes asistiron, primeiro, a unha sesión divulgativa no local da Asociación de Veciños de Outeiro de Orraca e a parte práctica consistiu nunha visita á propia igrexa e ao xacemento arqueolóxico para comprobar de primeira man o aprendido na parte teórica.
Maiores de Allariz afondan na historia da igrexa de Santa Mariña de Auga Santas e no xacemento de Armeá
Trátase do seminario "Arte e Historia- De Armea a Santa Mariña de Augas Santas" organizado pola Universidade de Vigo enmarcado no Programa Universitario de Maiores “Mareas de coñecemento”.