lunes, mayo 20, 2024
InicioNewsO PaísInícianse as probas do programa piloto de cribado de cancro de pulmón

Inícianse as probas do programa piloto de cribado de cancro de pulmón

Realizaranse a partir de mañá sábado entre preto de 300 persoas da área sanitaria da Coruña, situando Galicia como referente en prevención

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, xunto á directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, ao xerente da área sanitaria, Luis Verde, e ao resto de persoal implicado, visitou o servizo de radiodiagnóstico do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña no que este sábado se comezarán a realizar os TAC de baixa radiación aos pacientes participantes no programa piloto.

A poboación diana son persoas de 55 a 74 anos grandes fumadoras ou que deixaran de fumar hai menos de 10 anos.

O cancro de pulmón ocupa o primeiro posto en mortalidade en homes e o segundo en mulleres e a detección temperá é determinante para obter un diagnóstico favorable.

O Goberno galego duplicou desde 2020 o investimento en cribados de cancro ata chegar este ano aos 2,6 millóns de euros.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES