domingo, mayo 19, 2024
InicioNewsEntrevistasA presidenta de Foanpas: "Os colexios de Vigo están sucios por falla...

A presidenta de Foanpas: «Os colexios de Vigo están sucios por falla de persoal»

A presidenta da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de centros educativos de Vigo (Foanpas), Iria Salvande, explica nunha ENTREVISTA en Si Radio de Galicia cal é a situación dos colexios de Vigo, con carencias de limpeza por falla de persoal da empresa adxudicataria.

Os pais e nais do colexio do Pombal, en Lavadores, protagonizaron este mércores cortes de Tráfico no centro de Vigo nunha mobilización de protesta que, segundo Salvande, terá continuidade para pedir medidas desde o Concello. Pola súa parte a concelleira de Educación viguesa, Olga Alonso, nega insalubridade e tamén que haxa falla de seguridade.

Ademais, a privatización da prestación do servizo de conserxe en moitos colexios vigueses minguou, aseguran, o número destes profesionais en moitos centros quedando sen vixilancia na porta durante as entradas e saídas de alumnos e alumnas. Ademais de falla de mantemento no patio.

ENTREVISTA A IRIA SALVANDE:

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES