viernes, mayo 17, 2024
InicioNewsComarcasO Concello de Ponteareas reúnese de urxencia coa concesionaria do SAF...

O Concello de Ponteareas reúnese de urxencia coa concesionaria do SAF para mediar na situación das traballadoras

A CIG convocou unha concentración diante do consistorio a partir do xoves

O Concello reuniuse coa empresa concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar, Aralia Servicios Sociosanitarios, para coñecer a situación actual do servizo e tratar de chegar a unha solución ante as concentracións convocadas polas empregadas deste servizo municipal. Dunha parte se atopan as representantes da empresa e do outro os concelleiros de Servizos Sociais, Raquel Plana e de Persoal e Réxime Interior, Francisco Represas, a traballadora social do concello, e a coordinadora de Servizos Sociais.

Na devandita reunión, as partes constataron que o Concello se atopa ao corrente dos pagos á empresa así como esta ás traballadoras de todas as nóminas que lles corresponden. Un punto que xeraba malestar entre as traballadoras parecía ser o pago dos plus por traballo en fins de semana e festivos que daba lugar a erros de interpretación pois a empresa entendía que era un pago mensual mentres as traballadoras reclamaban o pago diario.

Tras a reunión, a empresa comunicou tanto ao concello como ás empregadas que nesta nómina de abril se efectuará o pago diario dese plus máis a contía xerada por este concepto en cada un dos casos con carácter retroactivo desde o mes de xaneiro deste 2024.

«O obxectivo da administración municipal é sempre defender os intereses e dereitos das traballadoras cunha actitude comunicativa que permita achegar posturas para acadar un acordo que beneficie a todas as partes implicadas garantindo o desenvolvemento do servizo con completa normalidade paras as persoas usuarias» aseguraron os concelleiros.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES