lunes, abril 29, 2024
InicioNewsActualidadeA Xunta pide a Bruxelas “máis ambición” nas medidas de apoio aos...

A Xunta pide a Bruxelas “máis ambición” nas medidas de apoio aos agricultores e gandeiros

Sobre a reunión de onte dos ministros comunitarios de Agricultura, o conselleiro do Medio Rural en funcións José González definiu os avances coñecidos polos medios –“aínda non temos unha comunicación oficial por parte do Goberno”- como “insuficientes”, sen acordos lexislativos nin un cronograma de actuacións

González sinalou que a “tímida” evolución de Europa e as palabras de onte do ministro Planas –“un pouco na liña marcada por Galicia”-, acredita a postura da Xunta, e remarcou que o Goberno debe agora liderar o posicionamento fronte a normas que afogan aos produtores en burocracia.

Os cambios, estruturais, deben de partir, explicou o conselleiro, cunha moratoria “urxente e temporal” destas medidas, e desembocar na redución da burocracia e un redeseño do marco normativo derivado da nova PAC, atendendo aos territorios e cunha aplicación progresiva.

Amosou a súa preocupación pola aparente desatención por parte de Bruxelas de demandas chave do sector como a implantación voluntaria do caderno dixital, adaptar os ecorrexímenes aos territorios ou flexibilizar os requisitos ambientais sobre fertilización sustentable.

Insistiu na necesidade de garantir prezos xustos a través da prohibición efectiva da venda a perdas, que a nivel estatal demanda a “modificación inmediata” da Lei da Cadea Alimentaria.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES