domingo, mayo 19, 2024
InicioA terraMedio AmbienteGalicia presenta 117 praias candidatas a optar á bandeira azul

Galicia presenta 117 praias candidatas a optar á bandeira azul

É a terceira comunidade autónoma que máis areais propuxo no marco da edición deste ano, con 40 na provincia da Coruña, 16 na de Lugo e 61 en Pontevedra

Galicia propuxo este ano un total de 117 praias —40 pertencentes á provincia da Coruña, 16 á de Lugo e 61 á de Pontevedra— como candidatas a optar á Bandeira Azul 2024, a mesma cifra que as que xa presentara na edición anterior.
Así o avanzou este xoves a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, tras participar en Madrid na reunión do xurado nacional encargado de conceder uns distintivos cos que a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) recoñece anualmente a areais de todo o mundo seleccionados en base a unha serie de criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos, entre outros

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES