sábado, septiembre 27, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioNewsActualidadeOs locais de ocio nocturno poden adherirse ao protocolo autonómico contra as...

Os locais de ocio nocturno poden adherirse ao protocolo autonómico contra as violencias sexuais e lgbtifóbicas

Discotecas, salas de festa, pubs e cafés espectáculo de Galicia poden formalizar desde este venres, e de xeito voluntario, a súa adhesión ao Protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGBTIfóbicas nos espazos de lecer nocturno, aprobado polo último Consello da Xunta de Galicia para combater violencias sexuais e discriminacións nestes recintos.

O documento está a disposición xa na web de Igualdade (https://igualdade.xunta.gal/gl/content/protocolo-de-actuacion-contra-violencias-sexuais-e-lgbtifobicas-nos-espazos-de-lecer).

A Administración autonómica, en colaboración co Observatorio LGBTIQ+ e da Violencia de Xénero e as entidades representativas do sector, deseñou o protocolo que busca previr, detectar e actuar ante situacións de violencia

A Xunta ofrecerá un programa de formación en liña de dez horas aos profesionais para aplicar as medidas previstas e detectar situacións de risco

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS