jueves, mayo 9, 2024
InicioO PaísA CoruñaUnha muller acoitelada polas costas pola súa parella en Santiago

Unha muller acoitelada polas costas pola súa parella en Santiago

Nova vítima de violencia machista en Santiago de Compostela. Unha muller resultou ferida grave en Santiago tras unha agresión a mans da súa parella, que lle propinou unha puñalada nas costas. O agresor, un home de orixe magrebí, foi detido no domicilio onde se produciu a agresión.

O suceso produciuse pasadas as seis da mañá nunha vivenda do compostelán barrio de Concheiros. As testemuñas aseguran ter escoitado unha forte discusión que derivou na agresión do home.

A muller, de nacionalidade española, tivo que ser ingresada no Hospital Clínico de Santiago e o seu prognóstico é reservado, aínda que a lesión non afecta a ningún punto vital.

O home foi detido e xa contaba con antecedentes previos por violencia machista.

Os axentes fixéronse cargo dos fillos da parella para a súa protección

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES