lunes, octubre 7, 2024
InicioNewsO PaísIngresa nun centro de menores por darlle unha malleira á súa noiva...

Ingresa nun centro de menores por darlle unha malleira á súa noiva ao romper a relación

Un mozo menor de idade ingresou nun centro de menores tras pegarlle unha malleira á súa noiva, tamén menor de idade. Así o decretou a Fiscalía de Menores da Coruña.

Os feitos ocorreron na rúa en Porto do Son o pasado 25 de novembro, coincidindo co Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

A menor quedara co mozo con intención de romper a relación. Acudiu á cita acompañada por uns amigos, xa que tiña medo da reacción que o seu noivo puidese ter.

Inicialmente o mozo abandonou o lugar golpeando mobiliario urbano da zona pero aos poucos minutos regresou a xunto a súa xa expareja e deulle unha tunda.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS