Venres, Febreiro 6, 2026
HomeNewsActualidadeSumar Galicia rexístrase como partido

Sumar Galicia rexístrase como partido

A deputada de Sumar Galicia no Congreso dos Deputados, Verónica Martínez, vén de rexistrar Movemento Sumar Galicia como partido político no Ministerio do Interior. Segundo apuntan dende a formación nun comunicado, “nace como unha organización galega autónoma que estará federada con movemento Sumar a nivel estatal”-

O obxetivo é, tal e como explican, “aglutinar a intelixencia colectiva das moitas persoas que conforman este movemento e que comparten un proxecto de país aberto e inclusivo, construído dende o diálogo e a escoita”. Iniden na vontade de “sumar forzas con outros actores”.

Nos próximos días, Sumar Galicia dará a coñecer unha comisión promotora “formada por galegos e galegas de procedencias diversas, pero co obxectivo común de contribuír de maneira decisiva a gañarmos a próxima década como país”.

O profesor da USC, Paulo Carlos López, voceiro de Sumar Galicia

Aínda que non será ata dentro duns días cando se coñeza a comisión promotora de Sumar Galicia, si se sabe quen será o seu voceiro. Trátase do profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Paulo Carlos López, quen vén de enviar unha carta ás persoas inscritas na que se compromete a “seguir tecendo esperanza e a ilusión que xa está a transformar con políticas públicas útiles a nosa realidade cotiá”. O profesor fai alusión de igual forma á unidade “á que nunca renunciamos e nunca renunciaremos”.

Alternativa

Dende Sumar Galicia, apuntan que no partido son conscientes “da xanela da oportunidade histórica que se abre no noso país e inician un camiño que require de toda a enerxía, mobilización e organizaicón para estaren en condicións de ser alternativa de goberno ao Partido Popular”.

Explican que Sumar Galicia nace “para gobernar este país”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS