lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsO Tribunal Supremo abre un procedemento a Baltar ao apreciar "indicios de...

O Tribunal Supremo abre un procedemento a Baltar ao apreciar «indicios de delito contra a seguridade vial»

A Sala Penal do Tribunal Supremo abre un procedemento ao senador do Partido Popular José Manuel Baltar Blanco «ao apreciar indicios dun delito contra a seguridade vial», segundo apunta nun comunicado.

O tribunal recibiu o pasado 27 de setembro o testemuño de xuizo rápido e dilixencias urxentes remitidas polos xuzgados de Zamora e Puebla de Sanabria «pola comisión dun presunto delito contra a seguridade vial ao conducir a citada persoa un vehículo a motor a velocidade superior á determinada no Código Penal».

O alto tribunal apunta nun comunicado que «unha vez confirmado que Baltar Blanco é senador na actual lexislatura, o Supremio soilcitou informe á Fiscalía que interesou se declarase a competencia da Sala para o seu coñecemento e executar a designación do instrutor ao que corresponderá a decisión sobre as dilixencias».

O Supremo explica que, antes de que se derivara a causa ao alto tribunal, «o Ministerio Fiscal presentou un escrito de acusación contra Baltar, con data de 12 de maio de 2023, condierándoo autor dun delito contra a seguridade vial, na modalidade de conducción de vehículos a motor a velocidade superior á legalmente permitida do artículo 379.1 do Código Penal e solicitando a imposición dunha pena de 6 meses de multa a razón dunha cota diaria de 10 euros coa responsabilidade persoal subsidiaria que no caso de impago establece o artículo 53 e un ano e un día de privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores».

O Supremo, á vista de que Baltar ostenta actualmente a condición de senador, e existindo indicios da comisión dun feito delituoso pola devandita persoa aforada ante a Sala, acorda que «é competente para o seu coñecemento, polo que procede á apertura do procedemento e a designación de maxistrada Instrutora».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS