Domingo, Marzo 1, 2026
HomeComarcasO CondadoO goberno de Ponteareas denuncia falta de fondos ata "para pagar a...

O goberno de Ponteareas denuncia falta de fondos ata “para pagar a luz”

O saldo dispoñible cando o goberno do PP chegou ao Concello en xuño de 2023 era de 97.219 euros, segundo denunciou hoxe en rolda de prensa a alcaldesa Nava Castro, que compareceu co seu equipo de goberno para facer balance dos primeiros 100 días no Goberno de Ponteareas. “Para o alumeado estaba recollida unha previsión de 300.000 euros cando se sabe que o gasto necesario para alumeado para todo o ano é de máis de 1,3 millóns de euros, así que teremos que traer a un pleno extraordinario un recoñecemento de crédito” adiantou. O PP non ten maioría absoluta e necesitará apoios da oposición para sacalo adiante “e que non nos corten a luz” apuntou a alcaldesa.

Entre outros detalles que descubriu o seu equipo o chegar ao Goberno, Nava Castro informou da necesidade que tivo o concello de solicitar unha adenda á Xunta para poder fronte as festas de setembro, para o que o bipartito non deixara ningunha previsión, nin de programación, nin de financiación.

Por outra banda, Nava Castro salientou do seu Goberno a decisión de ter as portas abertas do concello á cidadanía. “Hai asuntos que se poden solucionar en 2 minutos sen necesidade de cita previa” puntualizou a alcaldesa, Nava Castro, quen asegura que “non vai haber portas pechadas e vaise atender a toda persoa que o necesite”. A alcaldesa afirma que “en xuño e xullo recibimos a máis de 20 persoas e colectivos sen cita previa cada mes”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS