viernes, mayo 17, 2024
InicioComarcasLouriñaO autobús de LabEmprende aterriza no Porriño

O autobús de LabEmprende aterriza no Porriño

- Trátase dun laboratorio móbil e interactivo que ofrece actividades para entender de forma práctica e directa o concepto de emprendemento e as características e valores dunha actitude emprendedora

O autobús de Lab Emprende, o proxecto educativo itinerante promovido pola Fundación La Caixa a través de EduCaixa, fixo escala no Porriño, incluíndo a nosa vila no percorrido que está realizando por diferentes localidades de España, para que pequenos e maiores, principalmente mozos, coñezan o mundo do emprendemento.

Para iso utilizan as últimas tecnoloxías, creando un espazo multimedia con diferentes actividades interactivas, que poñen de manifesto o proceso do emprendemento, as súas características e os valores dunha actitude emprendedora.

A concelleira de Educación, Carolina González, visitou a unidade móbil esta mañá para coñecer de primeira man como se desenvolve esta actividade que conta coa colaboración do Concello do Porriño.

O espazo interior de este bus comprende cinco ámbitos de experimentación: Emprender é unha actitude; Somos emprendedores; Mira. Aprende a observar; Pensa. Solucións innovadoras; Fai. Da idea ao negocio e Empeza. Si queres, podes.

Ao LabEmprende poden subirse principalmente mozos e mozas de idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos.

“É unha proposta moi interesante que permitirá aos mozos e mozas estimular novas formas de pensar e de actuar, permitíndolles desplegar os seus talentos e potenciais”, apuntou a concelleira, “Por iso convido á mocidade a visitar este bus e descubrir todo o que lles pode ofrecer”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES