sábado, mayo 18, 2024
InicioActualidadeCulturaSalvaterra presenta o seu Verán Cultural

Salvaterra presenta o seu Verán Cultural

- Dende o 28 de xullo e ata o 27 de agosto o público poderá desfrutar dunha programación variada con festas que repiten e novidades

Salvaterra de Miño presenta o Verán Cultural 2023, unha programación dirixida a todo o público sen olvidarse dos máis pequenos da casa que este ano teñen un apartado especial. O inicio terá lugar o 28 de xullo co concerto de Verónica Codesal no recinto amurallado e rematará coa LXIV Festa do Viño do Condado do Tea.


Haberá festas tan importantes e destacadas como O Mundo a Danzar, O Son da Muralla ou Imos de Guateque; que continúan crecendo en público e que son un atractivo dentro e fora de Salvaterra.


Nos próximos días chegará as casas dos salvaterrenses toda a programación detallada do Verán Cultural de Salvaterra de Miño pero xa adiantamos aquí as datas:

  • Venres 28 xullo: Concerto “Verónica Codesal”
  • Sábado 29 xullo: Concerto “Carlos Núñez”
  • Luns 31 xullo: O Mundo a Danzar
  • Mércores 2 agosto: Espectáculo infantil “Bambolina”
  • Xoves 3 agosto: Baile Moderno e Coliño Bailongo
  • Sábado 5 agosto: O Son da Muralla
  • Luns 7 agosto: Festa Hinchables de auga
  • Xoves 10 agosto: Festa de San Lourenzo
  • Luns 14 agosto: Festa da Espuma e Animación musical
  • Xoves 17 agosto: Cine Infantil
  • Venres 18 agosto: Cine Infantil


E pecharemos esta programación os días 25, 26 e 27 coa LXIV Festa do Viño do Condado
do Tea.

  • Venres 25 agosto: Inauguración, con concertos de “Lucky Duckies” e “A Roda”.
  • Sábado 26 agosto: Concertos de “SondeSeu” e “Fanfarria Taquikardia”.
  • Domingo 27 agosto: Concertos de “O Fiadeiro”, “La Sombra de Justine” e “La Patrulla”.
    Agardámosvos neste verán en Salvaterra de Miño.
ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES