domingo, mayo 5, 2024
InicioNovas CorporacionsCampañaCorreos abrirá as súas oficinas o sábado e o domingo para atender...

Correos abrirá as súas oficinas o sábado e o domingo para atender o voto por correo

- 150 oficinas de Correos de Galicia abrirán este sábado, 15 de xullo, para facilitar as xestiones relacionadas co voto por correo

Correos abrirá este sábado a práctica totalidade das súas oficinas de Correos en Galicia. 150 oficinas abrirán de 9:00 a 14:00 horas para atender as xestións relacionadas co
voto por correo. No caso das oficinas emprazadas en centros comerciais, estas terán unha apertura adecuada ao horario comercial.

Ademais, as oficinas principais da Coruña, Santiago de Compostela,
Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo e a oficina de Sanxenxo abrirán
tamén o domingo, 16 de xullo, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

E, desde o xoves, 13 de xullo, todas as oficinas que habitualmente pechan
ás 20:30 horas permanecerán abertas ata as 22 horas.

Todas estas aperturas extraordinarias faranse exclusivamente para atender as
necesidades dos cidadáns relacionadas co proceso electoral (entrega
de documentación electoral avisada e admisión de voto por correo).

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES