lunes, mayo 6, 2024
InicioActualidadeCulturaAllariz presenta as actividades para a tempada estival

Allariz presenta as actividades para a tempada estival

- Na mañá de hoxe, presentáronse as actividades culturais e de lecer programadas para os meses de verán deste 2023 en Allariz

Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz estivo acompañada por Alberto Conde, María López
e Carlos Puga, responsables das áreas de Cultura, Promoción Económica e Deportes
para a presentación deste calendario de actividades, que desfrutaremos durante
estes meses estivais.


Música, actividades para público infantil, cinema, actividades deportivas son
algunhas das apostas para este tempada de verán en Allariz.
Un ano máis contarase coa celebración en Allariz de parte da programación de
Abanea, Festival de danza e movemento. Tamén nos visitarán as XXXVIII Xornadas
do folclore que sempre nos achega culturas e artes de distintas partes do mundo.
Entre as novidades musicais desta edición podemos atopar as actuacións de grupos
galegos como O Sonoro Maxín, Catuxa Salom, Monoulious Dop e A Banda da Loba
entre outras moitas actividades.


A comedia estará presente da man de espectaculos para todos os públicos como
Circo Chosco – Oh pera a principios de agosto. Por outra banda Nelson Quintero co
espectáculo Pequeno Cabaret Infantil estará connosco no mes de setembro xa.
Tamén poderemos gozar das Festas de San Bieito e da Empanada así como do Día
da Patría, as cales terán varios actos durante as súas celebracións, para todos os
públicos, pensadas para que tanto maiores coma cativos e cativas e mocidade
desfruten delas.


Exposicións, mercados, festas etnográficas, Arte de Man, o Festival RiR, a 2ª edición
do Trail de Allariz así como as xa consolidadas Xornadas de Carne de Boi de Allariz
completan o calendario de actividades de verán, que segundo nos explicaron os
responsables municipais, están pensadas para que os e as veciñas, así como a xente
que nos visite durante esta tempada, gocen de Allariz.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES