viernes, mayo 17, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta reclama á Sareb a cesión gratuíta de vivendas para destinalas...

A Xunta reclama á Sareb a cesión gratuíta de vivendas para destinalas a alugueiro social

- A petición do Goberno autonómico conta co apoio do Parlamento galego, no que se aprobou por unanimidade unha proposta neste sentido

A Xunta de Galicia reclamou hoxe á Sociedade de xestión de activos procedentes da reestruturación bancaria (Sareb) a cesión gratuíta de vivendas para destinalas a alugueiro social, así como detalles sobre o número e condicións das vivendas que a entidade ten en Galicia e que son susceptibles de ser cedidas á comunidades autónoma.


O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, mantivo
hoxe unha videoconferencia con representantes da Sareb para avanzar na cesión de
vivendas á Xunta, despois dos contactos mantidos nas semanas anteriores.


Durante a xuntanza, García expuxo a necesidade de que a entidade financeira, como
sociedade maioritariamente participada polo Estado, ceda gratuitamente ao Executivo
galego vivendas da súa propiedade para que este as poida destinar a alugueiro social
integrándoas no parque público de vivenda propiedade da Xunta. Neste sentido, a director
xeral do IGVS lembrou que a solicitude está avalada polo Parlamento galego, no que se
aprobou por unanimidade unha proposta en tal sentido.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES