sábado, mayo 18, 2024
InicioNewsComarcasBandeira Azul para cinco praias de Baiona

Bandeira Azul para cinco praias de Baiona

- A Praia da Ribeira acolleu o acto simbólico de izado das Bandeiras Azuis das praias do municipio

Os enclaves de Barbeira, Concheira, Frades, Ribeira e Santa Marta revalidaron o pasado mes de maio estes selos de excelencia pola calidade do litoral e das augas da costas baionesa.


O acto estivo presidido polo alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña; pola
concelleira de Medio Ambiente, Ruth Álvarez González; a Concelleira de Deportes,
Ana María Iglesias Rodríguez; o Concelleiro de Pesca, Marisqueo e Actividades
Marítimas, Joaquín López Goce; o Presidente da Asociación de Comerciantes
e Empresarios de Baiona (ACEBA), Marcos Comesaña, por representantes de varias
asociacións da Vila e por unha representación de Protección Civil do Val Miñor..

O Alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, comentou que “con este acto, poñemos en valor
o traballo realizado por todos e todas os que fan posible manter a
excelencia do litoral, os servizos e a calidade ambiental, e aos usuarios e
usuarias que manteñen a limpeza do principal reclamo turístico do municipio”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES