viernes, mayo 17, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoO alcalde de Porriño reforza a atención ás persoas e a prestación...

O alcalde de Porriño reforza a atención ás persoas e a prestación de servizos no seu novo goberno

- O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, anunciou a nova estrutura do goberno local e delegacións de competencias

O rexedor aposta polo proxecto iniciado dende que preside a corporación dando continuidade ao labor que levaron a cabo os concelleiros e concelleiras no último ano , un labor apoiado na experiencia e a xestión que se reforzará coa creación de novas áreas que ampliarán a calidade do servizo que se presta á veciñanza. “O Porriño afronta grandes retos nos próximos catro anos e para facelo contará cun equipo comprometido, eficaz e cohesionado que traballará de forma transversal para atender as necesidades dos veciños”, explicou o rexedor, “Centraremos a nosa liña de traballo na atención ás persoas e na correcta prestación dos servizos públicos, e para iso creamos novas áreas que reforzan as actuais como a de Participación cidadá e asociacións, Consumo, Migración, Infancia e Promoción e xestión da vivenda”.

Estas novas concellerías traballarán de maneira coordinada coas xa existentes,
permitindo ao equipo de goberno dar unha maior resposta ás necesidades que se
detectan no eido dos servizos e do social, os dous piares nos que Lorenzo sustenta o
seu proxecto para O Porriño.


Asemade, designaranse catro tenencias de alcaldía que corresponderán a Carlos
Martínez, Carolina González, Abel Estévez e Antía Carrera.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES