sábado, abril 27, 2024
InicioNewsO PaísBaltar, detectado a 173 km/h e a 215 km/h en menos dunha...

Baltar, detectado a 173 km/h e a 215 km/h en menos dunha hora

El dixo que fora un «descoido» nunha carta de desculpas. Collérono a 215km/h na A-52 a altura da provincia de Zamora, o domingo 23 de abril, no coche oficial da Deputación de Ourense, camiño a Madrid. O presidente ourensán Manuel Baltar pagou 300 euros por unha sanción de 600 euros, grazas a redución de pronto pago e quitáronlle 6 puntos, quedando pendente de xuízo ao estar tipificado como delito por exceder en máis de 80 km/h a velocidade. O xuízo foi adiado despois de que o avogado de Baltar se ausentase nas dúas ocasións nas que estaba citado por vía telemática.

Despois de que a oposición lle pedise explicacións e medidas a Rueda pola actitude de Baltar, agora confírmase que unha hora antes daquel exceso de velocidade, o presidente ourensán xa fora «cazado» a 173 km/h nesa mesma autovía antes de saír da provincia de Ourense.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES