jueves, abril 18, 2024
InicioNewsSucesosNarcotráfico en auxe: Desarticulada en Vigo unha rede de cocaína

Narcotráfico en auxe: Desarticulada en Vigo unha rede de cocaína

Oito persoas foron detidas tras a desarticulación dunha organización de narcotraficantes que transportou máis de 600 quilogramos de cocaína desde Colombia ata Vigo, onde foron interceptados no porto.

Eses 8 detidos xa pasaron a semana pasada a disposición xudicial no Xulgado de Instrución número 1, en funcións de garda, por estes feitos.

A maxistrada decretou o ingreso en prisión de catro deles e a posta en liberdade do catro restantes.

Agora o caso, por repartición, instrúeo o Xulgado número 2 da cidade olívica.

Os axentes interviñeron no Porto de Vigo un cargamento de máis de 600 quilos que chegou nun barco procedente de Colombia.

Por iso, detívose a oito persoas, tras unha investigación levada a cabo pola Policía Nacional e o Servizo de Vixilancia Aduaneira durante varios meses. Tamén houbo actuacións en Málaga vinculadas á mesma rede.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES