domingo, mayo 5, 2024
InicioNewsO PaísMáis de 200 quilos de cocaína e 4 millóns comisados en Galicia

Máis de 200 quilos de cocaína e 4 millóns comisados en Galicia

O resultado da operación antidroga son 10 detidos, 220 quilos de cocaína e 4 millóns de euros.

Desartellada unha rede de narcotráfico que empregada coches con departamentos ocultos para distribuír droga desde Galicia a outros puntos de España e Portugal.

A operación desenvolveuna a Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil o pasado mércores nas provincias de Pontevedra e Lugo e saldouse coa incautación de 220 quilogramos de cocaína.

O operativo policial, denominado Carplaya, supuxo a detención de dez persoas, moitas delas vinculadas familiarmente e relacionadas co tráfico de drogas desde hai anos.

Todos formaban parte dunha activa organización criminal centrada en Galicia, especializada no transporte de cocaína entre distintos puntos de España e Portugal, utilizando para iso vehículos dotados de sofisticados sistemas para ocultar a droga.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES