domingo, mayo 5, 2024
InicioComarcasLouriñaA III Liga Territorial de Saltos trae o domingo a Mos o...

A III Liga Territorial de Saltos trae o domingo a Mos o Trofeo Xunta de Galicia de Hípica

Terá sede no Club Hípico JC durante todo o día e cunha participación prevista de 150 deportistas

Esta mañá presentouse no salón de sesións do Concello de Mos, o Trofeo Xunta de Galicia de Hípica Xogade 2023 da III Liga Territorial de Saltos, do que Mos será sede este vindeiro domingo.
Deste xeito o Club Hípico JC de Mos será a sede da terceira Liga Xogade de Saltos de Obstáculos 2023 o próximo domingo 30 de abril.
Asistiron á presentación de hoxe no Concello a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o concelleiro de Deportes, José Areal; o vicepresidente da Federación Galega de Hípica, Gonzalo Autran Castel; José Manuel Freire Piñeiro, Coordinador de Deporte Escolar da Xunta de Galicia e representantes do Club Hípico JC.
O vindeiro domingo o evento hípico, no que se prevé unha participación duns 150 deportistas e os seus cabalos, dará comezo sobre ás 10.00 horas. E contará coas seguintes modalidades: 0.30, 0.50, ponis (A-B-C), 0.80, 1.00 e 1.20.
O horario será ininterrompido de 10.00 a 18.30 horas e daranse cita máis de 130 saídas a pista nas distintas probas

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES